A etapa e o curso
Actividades pensadas para a idade do grupo. Nos cursos máis pequenos, reforzamos o número de monitores.
Desde Infantil ata FP. Deseñamos cada saída co centro e facémola con equipo propio, sen carga administrativa para o profesorado.

Cada excursión prepárase co equipo docente: que se traballa, onde e como encaixa no curso. Antes de decidir, o centro recibe o programa pechado por escrito.
Actividades pensadas para a idade do grupo. Nos cursos máis pequenos, reforzamos o número de monitores.
A saída reforza o que o grupo traballa na clase. Cóntasnos que está a ver o grupo e incorporámolo ao programa.
Non traballamos con datas pechadas. Propós a data que mellor encaixa e axustamos a excursión contigo.
Por iso cada saída se orza á medida: con estes datos preparamos a proposta para o teu centro.
Todos titulados. Nos grupos de menor idade, reforzamos a ratio.
Deseñamos e facemos cada excursión co noso equipo, sen intermediarios: unha base de máis de 60 educadores.
Recíbelo antes de contratar, co plan alternativo se chove.
O profesorado acompaña o grupo. Os nosos monitores dirixen as actividades e levan o material.
O programa e o orzamento chegan por escrito e sen compromiso.
Como funciona
Etapa, número de alumnos, que che interesa e unha data aproximada. Con iso preparamos a proposta sen ter que volver chamarte.
Programa pechado por escrito, plan alternativo se chove e orzamento. Sen compromiso.
Pasámosche transportistas de confianza e orzan directamente co centro. Escolles a opción que mellor encaixa e o centro paga o autobús sen intermediarios.
Os nosos monitores dirixen todas as actividades do programa. Se o tempo non acompaña, aplícase o plan alternativo que xa coñeces.



Pablo Terroba é enxeñeiro químico galego e traballou con equipos de Fórmula 1 e MotoGP. Na súa charla conta como un rapaz de Viveiro chegou ata aí a base de paixón, traballo e esforzo, e que papel xogan a química e a enxeñaría no rendemento e na fiabilidade dun vehículo de competición.
En prensa e vídeo
Ao reproducir o vídeo cárgase contido de YouTube. Velo en YouTube
Dous formatos: a charla soa, ou a charla seguida dun obradoiro práctico de ciencia con experimentos para o grupo.
Cóntanos que formato che interesa e enviámosche o detalle.
Pide información sobre a charlaActividades para o alumnado de Infantil e Primaria nos días non lectivos do calendario escolar, co mesmo equipo e as mesmas garantías ca nas saídas.
Solicita propostaCóntanos etapa, número de alumnos, que che interesa e unha data aproximada, e preparamos a proposta. Sen compromiso.
Deixámosche o correo preparado cos datos que necesitamos para orzar: só tes que completalos.
Escribir o correoPrefires escribir desde o móbil? Tamén por WhatsApp
Usamos os teus datos só para responder á túa solicitude. Máis información na política de privacidade.
Usamos cookies propias y de terceros para analizar el tráfico y mejorar tu experiencia. Puedes aceptar todas, rechazar las no esenciales o gestionar tus preferencias.